SOS. Literatura no ensino / Colectivo Pere Quart
Tradución e adaptación por Daniel González do texto do Colectivo Pere Quart “A cultura faranos libres!” (Unha pintada nun muro de Sabadell) Dende a nosa responsabilidade profesional e cidadán, parécenos del todo imprescindíbel e urxente que a poboación, as institucións e toda a sociedade civil sexa consciente que un dos ámbitos que axudaron a apuntalar e soster con máis forza o noso país é a cultura escrita, a literatura, toda a bagaxe artística, ideolóxica e humanística que é patrimonio de tódolos galegos. (1) A literatura estivo afastada, nos derradeiros anos, menosprezada e abafada. Sen dúbida, tanto o peso das leis do mercado sobre unha sociedade que historicamente desenvolveu uns hábitos de lectura precarios, coma a perda de valor simbólico da literatura e a cultura en xeral, axudaron a provocar esta situación. No campo do ensino, observamos alarmados unha tendencia a residualización da literatura. Agora mesmo, quérense reducir as horas ...